TY - JOUR T1 - A situación de risco na lexislación estatal e autonómica galega: estudo xurisprudencial e doutrinal A1 - Noriega Rodríguez, Lydia PB - Xunta de Galicia: Escola Galega de Administración Pública = Escuela Gallega de Administración Pública YR - 2012 UL - http://biblioteca.ararteko.eus/Record/dialnet-ar-18-ART0000599073 AB - No ordenamento xurídico estatal e autonómico galego regúlase a declaración de risco como medida de protección para os menores que se atopen inmersos nunha situación de conflitividade familiar ou social que non alcanza a gravidade suficiente como para separar o menor do seu contorno. Dada a incompleta regulación legal da figura, os distintos pronunciamentos xudiciais e doutrinais foron perfilando os aspectos básicos desta institución cuxa finalidade é a superación da problemática familiar mediante programas de apoio desenvolvidos polos entes públicos competentes. Non obstante, se os factores de risco non poden ser suprimidos ou atenuados, a entidade pública deberá proceder á declaración de desamparo do menor KW - protección KW - menor de idade KW - risco KW - desamparo KW - reunificación familiar ER -